Ola a todos e todas! Os alumnos e alumnas de 3ºde Primaria iniciamos este blog para contarvos un montón de cousas. Na aula somos 22 nenos e nenas. Durante as clases esforzámonos para facer os traballos ben e no recreo xogamos e xogamos... A nosa titora é Loli, pero tamén danos clase Roi, Gladys, Conchi Rodríguez e Conchi Montero, e moitas veces venos a axudar a profe Bea. Nos primeiros días do curso xa elaboramos unhas normas que debemos cumplir para levarnos todos e todas mellor e aproveitar ben o tempo. Para ilustralas fixemos unhas fotos e buscamos un recuncho da aula para telas sempre expostas.