

O 26 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º visitamos o CENTRO HISTÓRICO de VIGO.
1 Comezamos na PORTA DA LAXE. Observamos un anaco da muralla a través dun cristal.
2 Subimos pola rúa da Fonte a RÚA DA PESCADERÍA. Aquí vimos algunhas pescantinas vendendo ostras.
3 Pasamos pola RÚA DOS CESTEIROS. Os cesteiros tecen diferentes especies vexetais como vimbios, madeira ou palla para facer cestas, cadeiras, mesas, nasas…
4 Paramos diante dun edificio que tiña unha placa que dicía que alí estivo funcionando a IMPRENTA COMPAÑEL, na que no ano 1863 se imprimiron os “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro.
5 Entramos na BIBLIOTECA CENTRAL.Ten servizos de préstamo de libros e programas de animación a lectura, ludotecas….
6 Na Praza de Almeida atopámonos cos edificios máis antigos de Vigo: CASA CETA con forma de torreón medieval. É de finais do S. XV e a CASA da familia PAZOS E FIGUEROA do S. XVI que ten unha balconada moi adornada.
7 Todas as rúas eran estreitas e empedradas.
8 Tamén vimos a COLEXIATA DE SANTA MARÍA que foi construída no S.XIX sobre outra antiga do S.XIV.
9 Algunhas casa tiñan escudos que eran empregados como signos que distinguían ás familias e nos que aparecían representacións de figuras.
10 Na PRAZA DA PEDRA era onde entre os S. XVI e XVIII se facían os concellos abertos; é decir onde se tomaban as decisións que afectaban a cidade.
11 Rematamos a visita na PRAZA da PRINCESA.